INNOVACIÓN

O Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia é xa un proxecto real

photo_camera Un intre da sesión na sala de Xuntas da Reitoría.

Este espazo, chamado a converterse nun foco de desenvolvemento, traerá aos grupos de investigación "un espazo de oportunidades".

Entre Manuel Rivas e o cine hai unha relación pracenteira, emotiva e profunda. Así a describe o profesor Salvador Castro, que centrou neste vínculo a súa tese de doutoramento. E é que este nexo transita en dúas direccións: Rivas foi adaptado para o cine en múltiples ocasións (A lingua das bolboretas, Todo é silencio ou O Lapis do Carpinteiro) pero nas súas obras o cine tamén ocupa un lugar importante, con constantes referencias a filmes, actores, directores, etc.

Esta dobre vertente é a que inspirou a Castro, docente do IES Rodeira en Cangas, na súa tese, dirixida pola profesora Carmen Becerra, do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura. Destaca Salvador Castro que a obra de Rivas está “chea de referencias á sétima arte” e entre a súa obra literaria e a xornalística hai mencións a “máis de 150 películas diferentes, 75 directores, 50 actores e máis de 50 personaxes”. Pero o escritor galego tamén ten un oco nos seus textos para outras profesións relacionadas co cinema menos recoñecidas, como directores de fotografía, maquilladores, extras, acomodadores e, lembra o investigador, “mesmo para os aparellos do cinema”.

Sobre Manuel Rivas como suxeito de estudo, o investigador explica que as relacións do escritor co cinema constitúen “un auténtico mosaico”, xa que participou como actor, redactou guións de documentais e mesmo de adaptacións dos seus textos e incluso dirixiu a curta Mayday mayday.

O investigador resume os motivos da escolla de Rivas en varios factores: “a repercusión da súa obra, a presenza continua do cine nos seus escritos, o ter sido adaptado con frecuencia, o ter participado na elaboración de guións, dirixido unha curtametraxe e participado nun cameo e como narrador visible dun documental, e, sobre todo, pola xeración da que forma parte, parécenos un autor moi axeitado para analizar as relacións entre cine e literatura”.

A súa forma de narrar está influída pola ficción en imaxe, polo cine, con técnicas e expresións que se entrecruzan e o docente apunta que sexa o tipo de que sexa de texto “a expresión destes últimos cen anos está impregnada pola técnica cinematográfica” e atrévese a apuntar un termo: o “homo filmicus”, no que considera encaixaría Manuel Rivas. 
 

Te puede interesar
Más en Universitas