UNIVERSITAS

Comeza un novo curso de ofertas deportivas nos tres campus

portadaadaptada_result
photo_camera Cartaz das actividades deportivas deste novo curso académico.

Todas as inscricións para calquera das propostas realizarase en www.deporxest.uvigo.es

Arranca un novo curso e con el volven as propostas deportivas aos tres campus da Universidade. En Vigo e Pontevedra xa se poden adquirir os abonos, anotarse nas escolas deportivas ou nos centros deportivos abertos. Como xa aconteceu o pasado curso, todas as inscricións se realizarán a través de www.deporxest.uvigo.es, un medio cómodo, sinxelo e rápido que está a contar con moi boa aceptación por parte dos usuarios.

En Vigo e no tocante aos abonos, xa se poden adquirir os anuais e os do primeiro cuadrimestre. Pódese solicitar o abono básico, as tarxetas deportivas universitarias, as tarxetas ponte en forma ou os abonos combinados. Tamén se poden adquirir os correspondentes abonos das instalacións CDU AQA Vigo. Por outra banda, no que se refire ás escolas deportivas destacan en Vigo meditación, ioga, tenis, xadrez, balonmán (todas elas nas instalacións do servizo de deportes) e bailes e natación (nas instalacións do CDU-AQA). Por último, os centros deportivos abertos volven a xogar un papel moi importante nas ofertas do Servizo de Deportes xa que en Vigo poñen á disposición dos membros da comunidade universitaria nove ximnasios ou centros deportivos con importantes ofertas.

No Campus de Pontevedra, ao igual que acontece no de Vigo, os membros da comunidade universitaria xa poden demandar os seus abonos e facer todo tipo de xestións por medio do servizo online. No tocante ás escolas deportivas destaca este curso aerobic e power pump, pilates e zumba (nas instalacións do servizo de deportes) e piragüismo (nas instalacións do Clube de Piragüismo Ciudad de Pontevedra).
Cinco centros deportivos abertos estarán este curso á disposición dos membros da comunidade universitaria con grandes descontos.

A todas estas propostas, haberá que engadir nos tres campus a oferta "E se para ti aínda non é suficiente..." entre as que destacan as actividades no medio natural, os servizos de deporte e saúde, competicións deportivas, equipos federados e outros eventos. 
Todos os que queiran participar en calquera das propostas ou adquirir máis información pode consultala en www.deportes.uvigo.es.n

Te puede interesar
Más en Universitas