O Consello Superior de Deportes premia un evento de xeocaching

A creatividade e innovación alzou á UVigo co recoñecemento na I Semana Europea do Deporte.

Consistía en crear un evento e que este destacara dun xeito especial por ser un proxecto innovador e útil no tocante á inclusión. Foron 71 os proxectos presentados por diversos colectivos e entidades educativas en España para conmemorar a I Semana Europea do Deporte, impulsada pola Comisión Europea e celebrada no mes de setembro do pasado ano. 

No mes de decembro déronse a coñecer os tres mellores eventos e un deles foi o que introduciu a Universidade de Vigo que, a través do Servizo de Deportes, presentou a actividade denominada "Atopa os tesouros escondidos nos campus", unha actividade na que se misturaba dun xeito perfecto o intercambio cultural, a integración, a práctica deportiva, o aprendizaxe de linguas e a diversión. Tratábase así dunha proba de xeocaching á que estaba convocado o alumnado estranxeiro e local, sendo así unha oportunidade de dar a benvida ao estudantado.

 Este bo traballo levounos a acadar este recoñecemento no que se salientaba "la implicación y originalidad de la actividad", nun diploma acreditativo que se lle otorgou á entidade educativa.

PROXECTO CON CONTINUIDADE
Este recoñecemento é un pulo para seguir traballando nesta mesa liña e, como confirman dende o Servizo de Deportes, este evento terá sen dúbida continuidade, eso sí,  tras aplicarlle unha serie de melloras importantes, como pode ser o caso dos medios empregados como lozalizadores ou os tesouros a atopar, que plantexan que podería tratarse de elementos valiosos dende o punto de vista paisaxístico ou monumental. A finalidade é chegar a convocar a un maior número de participantes e superar así os preto de setenta da primeira edición.

Te puede interesar
Más en Universitas