UNIVERSITAS

CREA S2i, creatividade e innovación poñen a Pontevedra no mapa

pag5(1)_result
photo_camera Salustiano Mato destacou, durante a presentación, que o obxectivo é crear un "ecosistema de innovación".

Traballarase no impulso dun “ecosistema" de investigación arredor de territorio, cidadanía, medio natural e benestar

Sen innovación non hai progreso e sen creatividade non hai innovación. Con estas verbas podería resumirse a filosofía de CREA S2i (Social & Sustainable Innovation), o proxecto de especialización do campus pontevedrés, que hai uns días celebrou a súa presentación en sociedade. O proxecto que integra baixo unha mesma identidade todas as áreas de coñecemento que coexisten no campus emprende, como sinalou o reitor, Salustiano Mato, “un camiño de futuro” co propósito de dotar a Pontevedra e a súa comarca “dun nome de referencia que levar polo mundo adiante”.

Para logralo, a comunidade universitaria traballará para construír no campus “un ecosistema de innovación” en torno ás ideas “do territorio e da cidadanía e do medio natural e do benestar”, eixos dun labor investigador que conecte as diferentes áreas e que sirva “para xerar novas ventás de oportunidade para toda a comunidade”, como salientou o reitor.

Oproxecto de especialización articulado arredor das áreas estratéxicas da arte, comunicación e creatividade; educación, innovación social e xestión pública; deporte, saúde e benestar, e medio ambiente e natureza, e que engade ao seu nome o termo S2i ao apostar pola innovación social e sustentable, celebrou nesta xornada no Auditorio Afundación a súa posta de longo. Fíxoo nun acto conducido pola presentadora Marga Pazos, premio á mellor comunicadora nos Mestre Mateo deste ano e egresada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.n

Te puede interesar
Más en Universitas