A crise dos refuxiados racha “as costuras da Unión Europea”

O que fora xefe de Internacional do xornal El Mundo impartiu na Casa das Campás un relatorio sobre o papel adoptado por Europa nesta crise humanitaria

A crise dos refuxiados parece ter roto as costuras da Unión Europea”, sostén o xornalista e experto en política internacional Roberto Montoya, para quen o drama que están a vivir nas fronteiras comunitarias as persoas fuxidas do conflito sirio constitúe unha “demostración da debilidade da UE no que se refire a acordos elementais como son a defensa dos dereitos humanos”, que, ao mesmo tempo, “deixa en evidencia as súas diferencias internas e a contradición entre os seus principios e valores e a práctica real”. O que fora xefe de Internacional do xornal El Mundo impartiu na Casa das Campás un relatorio sobre o papel adoptado por Europa nesta crise humanitaria á que, sinala, a Unión podería dar resposta con “vontade política”.

“O mundo enteiro observa hoxe como Europea, escenario das dúas grandes guerras mundiais, se amosa incapaz de acoller sequera ás 160.000 persoas fuxidas da guerra que acordou distribuír entre os seus 28 países membros”, denuncia este xornalista e escritor, autor de libros como El Imperio Global (2003).

Te puede interesar
Más en Universitas