LIBRO

Defensa dunha “etapa fundamental" na construción da personalidade

A profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Esther Martínez.
photo_camera A profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Esther Martínez.

A profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Esther Martínez é a coordinadora do libro sobre o ensino infantil.

Vivimos nunha sociedade onde aínda está sumamente estendida a idea da educación infantil como unha etapa meramente asistencial, cuxo obxecto é coidar e protexer aos nenos”, admite a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Esther Martínez, que, pola contra, pon de relevo a importancia dun ciclo educativo “fundamental para o desenvolvemento dos nenos e nenas, ao permitirlles construír a súa personalidade, ampliar as súas experiencias e favorecer o seu desenvolvemento social”.

Por ese motivo, o propósito de Miradas á educación infantil: adaptación, participación e inclusión na escola, un libro coordinado por Martínez e que reúne as achegas de 16 expertos e expertas, non é outro que contribuír a “rachar con esa idea” xeneralizada sobre o primeiro ciclo do ensino e subliñar a súa importancia como unha “etapa educativa básica para o desenvolvemento, tanto do ser humano humano en particular, como da sociedade á que pertence no seu conxunto”. 

Editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, Miradas á educación infantil é presentado pola súa coordinadora como “unha pequena achega dirixida á inclusión do escolar e das súas familias nunha etapa necesaria para a promoción da xustiza social e a equidade”. Para iso, esta docente contou coa colaboración dun bo número de profesionais que loitan por unha educación inclusiva desde a primeira infancia.

Te puede interesar
Más en Universitas