UNIVERSITAS

A democracia fixo do protocolo unha linguaxe útil para a cidadanía

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle unhas xornadas internacionais sobre comunicación institucional

No ano 1984, Vigo recibiu a visita institucional do presidente da Generalitat Jordi Pujol, quen, “por un grave fallo de protocolo, perdeuse no interior da Casa Consistorial”, Aquel “desastre organizativo” derivou nun “escándalo mediático polo que a xente de Vigo se sentía avergoñada”, como lembrou a xornalista e ex-deputada María Xosé Porteiro no XV Curso Complementario de Comunicación e Protocolo, co obxecto de incidir en como a chegada da democracia a España motivou que “o protocolo deixase de ser algo reservado para as clases altas e comezase a ser útil para a cidadanía”. Del depende a imaxe pública das institucións que a representan, como se destacou na apertura destas xornadas organizadas polo profesor Fernando Ramos, que durante dous días reuniu na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación a preto de 30 expertos e a máis de 200 alumnos.


O acto inaugural serviu para poñer en valor a traxectoria dunha actividade formativa que se ten convertido “nunha plataforma desde a que debater sobre unha disciplina moitas veces incomprendida” e incidir no protocolo como unha linguaxe “que forma parte do noso día a día e que a converte nunha das disciplinas fundamentais das relacións públicas”, como salientou Corbacho. A deputada provincial incidiu no valor desta disciplina como “unha ferramenta para achegar ás institucións á cidadanía”, antes de recoller, en nome do presidente da institución provincial, Rafael Louzán, o diploma de agradecemento polo apoio prestado pola Deputación a esta actividade durante 15 anos, polo que foi nomeado “profesor honorífico” deste curso .

Te puede interesar
Más en Universitas