UNIVERSITAS

Desembarco “donjuanesco" en Filoloxía e Tradución

g2_result
photo_camera A profesora Montserrat Ribao.

O grupo e-LITE pon en marcha un MOOC pioneiro centrado no personaxe creado por José Zorrilla

A tradición di que en vésperas do Día de Defuntos, hase de representar o Tenorio. Este ano a Facultade de Filoloxía e Tradución cumprirá con este costume e farao o 29 de outubro, coa representación teatral da obra de José Zorrilla da man da compañía coruñesa Noite Bohemia.

Esta actividade forma parte dunha xornada completa dedicada a Don Juan Tenorio que servirá para presentar en sociedade o MOOC Juego sin tronos: literatura, corte y Tenorios románticos, unha innovadora iniciativa no eido da formación en liña que xorde ao abeiro dos proxectos de Innovación Educativa da Universidade de Vigo. Detrás desta proposta formativa está o grupo de investigación e-LITE, coa profesora Montserrat Ribao á cabeza, que explica que este é “un dos primeiros MOOC da Universidade e un dos primeiros do mundo dedicado a un clásico da literatura española”.

A profesora lembra que os MOOC son cursos masivos e abertos que dende hai anos veñen poñendo en marcha as institucións académicas e adoitan acadan gran difusión internacional. No caso de Juego sin tronos, Ribao explica que se decantaron por Don Juan Tenorio para poñer en marcha un MOOC sobre literatura hispánica porque “pensamos que é unha das obras máis coñecidas da literatura española e que podería ser atractiva para un gran número de potenciais alumnos e alumnas”. Aínda que o curso arrancará en xaneiro de 2016, o vindeiro 29 de outubro a Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá unha xornada integramente dedicada ao Tenorio. Ademais da representación teatral, terá lugar unha conferencia sobre os ecos da obra de Zorrilla en La Regenta, impartida polo catedrático de Literatura Española da USC José Manuel González Herrán.

Esta oferta académica e cultural completarase cun curso de formación semipresencial destinado ao profesorado de secundaria. Así, dun xeito moito máis reducido e pedagóxico, no curso titulado Jugador y pendenciero abordarase a importancia no seu tempo deste texto. O número de prazas é de 25 e o prazo de inscrición abrirase a principios de outubro e solicitarase a través da plataforma Bubela. n
 

Te puede interesar
Más en Universitas