UNIVERSITAS

Dúas décadas desde que os pinceis substituíron aos fusís

gal3_result
photo_camera A Facultade de Belas Artes asentouse na súa actual sede no curso 1994/1995.

O antigo cuartel de San Fernando foi remodelado para converterse nun “templo da cultura e o ensino

No curso no que a Facultade de Belas Artes cumpre 25 anos, outro fito importante na historia do centro alcanza tamén unha cifra redonda. Entre decembro de 1994 e xaneiro de 1995 completábase a reforma que transformou o cuartel militar de San Fernando, “nun templo da cultura e o ensino”, como recorda César Portela, o arquitecto responsable daqueles traballos. Despois de catro cursos na que fora a sede do Fogar Provincial, na rúa Sierra, os fusís deron paso aos pinceis naquel edificio do século XVIII da rúa Maestranza, no que supuxo “un salto inmenso” para o centro, que pasou dunhas instalacións “nas que case non había calefacción a outras que resultaron ser a envexa de moitas outras facultades”, como lembra o seu primeiro decano, Juan Fernando de Laiglesia.

“Foi como pasar da noite ao día”, engade o actual decano, Juan Carlos Meana, profesor da facultade desde 1993, daquel cambio de sede que levaba a Belas Artes a un “edificio moi amplo e moi bonito, pero que non tiña absolutamente nada, polo que houbo que equipalo cun mínimo de forma inmediata”, relata. Por aquel entón, atopábase á fronte do Decanato o profesor José Chavete, que coincide á hora de apuntar que o traslado “realizouse no momento máis complicado, co curso xa iniciado, polo que a duras penas puidemos subsistir ese primeiro ano”. De feito, como lembra Laiglesia, “as obras de remodelación foron complicadas e non se remataron en outubro de 1994, como estaba previsto”, o que deu pé ás mobilizacións do alumnado. n

Te puede interesar
Más en Universitas