Ecoagricultura e aplicacións web, entre os recoñecementos

premiso_result
photo_camera Foto de familia no acto de presentación dos proxectos gañadores.

Seis proxectos empresariais entre os  Incuvi-Emprende e Incuvi-Avanza

Unha aplicación social enfocada ao sector servizos; unha cooperativa de programas e actividades de ocio e tempo libre saudable e en galego; unha empresa de comercialización de produtos do campo galegos de calidade, e unha proposta de ecoagricultura, de creación de alternativas ao uso masivo de fertilizantes inorgánicos.

Estes son os catro proxectos gañadores da quinta edición dos Premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo que desde este mes ocupan o seu niño no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole. Deixan eses niños os proxectos gañadores da última edición MeigaLabs, enfocada ao deseño e desenvolvemento de videoxogos, e IbeeAgro, de monitorización agrícola, que, ao amparo da primeira edición dos Premios Incuvi-Avanza se trasladan agora ao Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) para rematar o seu proceso de maduración empresarial e saír xa ao mercado. 

A presentación dos proxectos ourensáns que resultaron gañadores nas dúas categorías de premios tivo lugar na Tecnópole. O acto contou coa participación dos representantes das entidades promotoras e colaboradoras nestes premios.  A presentación dos proxectos ourensáns que resultaron gañadores nas dúas categorías de premios tivo lugar este martes na Tecnópole.

Te puede interesar
Más en Universitas