Empresariais inicia unha nova etapa con Currás á fronte

curras_result

o novo equipo directivo se marca como principais retos a consolidación das titulacións que se imparten no centro e a potenciación de tres aspectos clave para a escola: a internacionalización, as relacións coa contorna empresarial e institucional e o emprendemento

A EU de Estudos Empresariais inicia unha nova etapa baixo a dirección da profesora Consuelo Currás Valle, un período no que o novo equipo directivo se marca como principais retos a consolidación das titulacións que se imparten no centro e a potenciación de tres aspectos clave para a escola: a internacionalización, as relacións coa contorna empresarial e institucional e o emprendemento. Currás foi elexida co apoio de máis do 90% dos votos emitidos na xunta de escola celebrada hai uns días (36 votos a favor, ningún en contra e tres en branco). “O certo é que me sinto moi cómoda e moi apoiada por todos os meus compañeiros”, admitía Currás intres despois da celebración da xunta, ao que engadiu “agora só agardo saber estar á altura das circunstancias”.

Completan o equipo directivo: María del Mar Riveiro, como subdirectora de Relacións Externas e Alumnado; Araceli González Crespán e Mª Jesús Barsanti, como subdirectora de Intercambios e Relacións Internacionais, a primeira, e secretaria a segunda; e Emilio García Roselló, como subdirector de Organización Académica.

Te puede interesar
Más en Universitas