Equilibrio e proxección marcaron o último Consello Social do ano

gal1_result
photo_camera O Consello Social reuniuse na Casa das Campás.

O reitor, Salustianos Mato, anunciou a posta en marcha en 2015 de programas vinculados ao proxecto Campus Crea

Despois do seu paso polo Claustro e polo Consello de Goberno, o orzamento da Universidade para 2015 foi aprobado de xeito definitivo no pleno do Consello Social que tivo lugar na Casa das Campás. Co voto favorable de todos os presentes, deuse luz verde a un orzamento que ascende a 165,2 millóns de euros e que vén marcado pola "importancia que outorga tanto á estabilidade" en materia económica como á "proxección" da institución académica, como destacou o presidente deste órgano, Ernesto Pedrosa, quen realizou unha avaliación “moi positiva” das contas aprobadas na sesión. O reitor, Salustiano Mato, tamén se felicitou pola ratificación do documento que marca “a programación económica da Universidade para o ano 2015” e co que se trata de continuar na senda “de solvencia e boa saúde económica nestes tempos tan difíciles”.

A aprobación dunhas contas que, tras varios de descenso e estancamento, implican un incremento do 3,48% con respecto ao orzamento do presente exercicio, constituíu o punto central dunha sesión plenaria de carácter fundamentalmente económico, como relatou Pedrosa. Neste senso, o presidente do Consello Social incidiu no traballo levado a cabo para que institución académica se manteña “sen débedas, cun déficit cero”, nunha aposta polo “equilibro orzamentario que non impide que a Universidade de Vigo sexa cada vez máis punteira tanto no ámbito da investigación como nos ránkings, nos que cada vez ocupa posicións máis privilexiadas”.

Te puede interesar
Más en Universitas