UNIVERSITAS

Esdemga proclámase gañadora dun concurso estatal de escolas de moda

g1_result
photo_camera Chapela, Ullod, Rico, Pérez e Sobrino representaron a Esdemga no concurso.

Un grupo de alumnas e tituladas vence na competición 'Talento and Co', organizada pola empresa Trendipia

Meses de traballo deseñando e confeccionando as prendas da súa colección Human 2.0 tiveron na noite do pasado xoves a mellor das recompensas para o grupo de alumnas e tituladas co que os Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galiza (Esdemga) participaron na primeira Competición Nacional de Escolas de Moda Talento & Co. Centros de todo o estado concorreron a este concurso organizado pola firma Trendipia coa colaboración de Inditex, que celebraba en Madrid a gran final, na que o xurado tiña que decidir cal dos seis proxectos finalistas sería o merecedor dun premio de 50.000 euros.

Un galardón ao que se suma a fabricación dunha colección cápsula cos deseños seleccionados, que non son outros que os que realizaron as alumnas Paula Sobrino, Tatiana Rico, Raquel Chapela e as tituladas Pilar Ullod e Carlota Pérez “Aínda estamos moi emocionadas, non só polo premio, senón polo que implica”, apuntaba Sobrino despois de saber que Human 2.0 foi a colección que máis convenceu a un xurado composto polos deseñadores Miguel Palacio e María Fisherman, a estilista Blanca Unzueta, a redactora da revista Elle Laura Somoza e o director de produto de Trendipia, Antonio Pernas.

“Competíamos con proxectos moi bos, polo que foi unha gran sorpresa”, e incide na importancia que para elas ten o premio “non só polo diñeiro, senón tamén polo recoñecemento” e a posibilidade de ver como algunhas das súas prendas serán fabricadas e comercializadas pola empresa organizadora.n

Te puede interesar
Más en Universitas