UNIVERSITAS

O espírito emprendedor fluiu polas rúas de Pontevedra

gal1sa_result
photo_camera Taboada, Comesaña, Pedroso, Corbacho, Pedrosa, Mato, Figueroa, Vilar e Penedo, durante o acto de inauguración.

Un total de 44 novas empresas presentan os seus proxectos no Espazo para Emprendedores do Pont-Up Store

Un total de 36 casetas nas que novos emprendedores dan a coñecer os seus produtos e servizos, completadas por un espazo de networking no que se presentaron outras oito iniciativas e cunha serie de actividades de dinamización. Todo iso conxúgase no Espazo para Emprendedores do Pont-Up Store, unha carpa instalada na Praza de España e na que, durante as xornadas dúas xornadas, tratouse de achegar o espírito emprendedor á cidadanía de Pontevedra.

Organizado pola Universidade xunto co Concello, este encontro do emprendemento foi inaugurado co desexo común de que Pontevedra “se consolide como un espazo de referencia en materia de innovación en Galicia”, como sinalou o seu director, o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Pedro Figueroa. Para logralo nada mellor que achegar un “punto de creatividade” a unha “feira nun espazo urbano”, o que para o reitor, Salustiano Mato, constitúe “a forma máis viral de facer que o espírito do emprendedor que existe no noso pobo flúa dunha forma dinámica”.


“Organizado no marco do 25 aniversario da Universidade e no escenario do campus CREA”, como lembrou Figueroa, esta iniciativa desenvolveuse xa desde días atrás grazas ás Xornadas do Emprendemento. 
O director deste proxecto salientou que esta feira xurde como “resposta á demanda dos propios emprendedores, que viron neste evento unha ferramenta para o desenvolvemento dos seus proxectos”, como demostra o feito de que se recibisen 125 candidaturas para estar presente neste espazo

Te puede interesar
Más en Universitas