Estampa número 35, por María Victoria Carballo-Calero

gal1b_result
photo_camera Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao.

A catedrática da Universidade de Vigo analiza unha das obras máis significadas do 'Álbum Nós'

 2016 foi declarado pola Real Academia Galega de Belas Artes como o Ano Castelao. O obxectivo desta conmemoración é afondar e difundir a obra do creador galego partindo da premisa de que non se entende a obra de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao nin a súa relevancia histórica sen ter en conta a súa faciana como debuxante e ilustrador.

O pasado 1 de abril celebrouse no Museo de Pontevedra o acto institucional de homenaxe. Nel, María Victoria Carballo-Calero, catedrática da Universidade de Vigo e membro da Real Academia Galega de Belas Artes, foi a encargada de pór en palabras a relevancia artista do homenaxeado e fíxoo a través dun percorrido selectivo polo Álbum Nós. O estudo da obra de Castelao sempre foi unha constante na súa dilatada traxectoria investigadora, levando a cabo un amplo abano de proxectos estatais e publicacións dedicadas ao artista nado en Rianxo. A través da análise dunha das estampas máis significativas do Álbum Nós, a titulada "A tola do monte", Carballo Calero amosa no texto a ruptura de Castelao coa tradición plástica galega, a súa busca da expresividade e o seu compromiso coa Galicia rural e cos desfavorecidos.

A idea da estampa nº 35, A tola do monte, tivo unha grande repercusión nos eidos literarios contemporáneos. Cabería apuntar unha intención crítica e máis social que nos levaría a unha versión plástica do tema tratado por Ramón Cabanillas no poema ¡Probiña da tola!, recollido na edición de 1926 de Vento mareiro, edición para a que Castelao elabora unha das máis fermosas portadas.

Te puede interesar
Más en Universitas