UNIVERSITAS

Éxito de consultas do Dicionario de Sinónimos do Galego

_g1_result
photo_camera Xavier Gómez Guinovart e Xosé Mª Gómez Clemente, autores do dicionario.

Supera as 100.000 visitas e conta cunha versión web e móbil no que dá acceso a 200.000 termos en lingua galega

nnn O Dicionario de Sinónimos do Galego editado pola Universidade de Vigo supera as 100.000 consultas en liña e o millar de descargas en Google Play, a tenda de produtos para aparellos con Android, e na App Store de Apple, cifras que os seus autores valoran como “moi elevadas”, xa que a versión móbil leva apenas uns meses en funcionamento. Xavier Gómez Guinovart e o coautor do dicionario xunto a Xosé Mª Gómez Clemente, especialista da Universidade en lexicografía e terminoloxía galega, e Alberto Simões, profesor da Universidade do Minho especialista en procesamento informático de dicionarios.

Esta nova ferramenta tecnolóxica-lingüística contén máis de 200.000 voces na nosa lingua agrupadas nunhas 30.000 entradas. “A idea inicial foi pór a dispor do público o dicionario a través da web do Seminario de Lingüística Informática (http://sli.uvigo.es), como facemos con todos os recursos lingüísticos que desenvolvemos no grupo de investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (TALG) no que estou integrado”, subliña Gómez Guinovart, ao tempo que explica que a posibilidade de distribuír o dicionario tamén en forma de aplicación móbil foi posterior e xurdiu nunha conversa de traballo cos integrantes da Área de Normalización Lingüística, que editou este traballo a través do convenio de colaboración en materia de normalización lingüística entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Te puede interesar
Más en Universitas