UNIVERSITAS

Expertos defenden a construción da UE como un “éxito irreversible”

gal3-1-_result
photo_camera Expertos defenden a construción da UE como un “éxito irreversible”.

Son moitos os retos aos que a Unión Europea deberá facer fronte nun futuro.

A crise grega, as relacións con Rusia, a dependencia enerxética, o problema migratorio, o posible referendo británico... Son moitos os retos aos que a Unión Europea deberá facer fronte nun futuro. Mais as complicacións sempre formaron parte da curta historia da Unión, unha construción que supuxo “un grande éxito” en materia de paz, estabilidade e progreso para o continente e que implica tamén un “proceso irreversible”. Cando menos así o ven o catedrático de Ciencia Política da Universidade de Vigo Arximiro Rojo e o profesor de Dereito Constitucional da USC Antonio-Carlos Pereira, que debateron sobre o pasado, o presente e o futuro da UE na Casa das Campás.


Con este coloquio, promovido pola Cátedra Jean Monnet Understanding the EU in the 21st Century coa colaboración da Vicerreitoría, o campus celebraba por primeira vez o Día de Europa, xornada na que se celebra a chamada Declaración Schumman, o convite realizado en 1950 polo ministro de Exteriores francés a Alemaña para poñer en común a produción de carbón e aceiro.

Te puede interesar
Más en Universitas