ESTUDIO

Facer exercicio para mellorar a memoria

gas

Estudios que afirman os beneficios do exerccicio sobre a saúde, sobre todo na capacidade memorística

Son moitos os estudos que afirman que soamente o feito de saír a camiñar tres veces por semana dun xeito constante ten repercusións positivas sobre a memoria, sobre a atención auditiva e visual e sobre as funcións executivas. Para introducir aos profesionais nesta nova forma de ver o deporte “unificando corpo e mente”, a Facultade de Ciencias da Educación organiza en colaboración con Ximnasio 2000 un curso sobre actividade física e estimulación cognitiva co que se “busca non só a mellora motora, senón tamén da memoria, da creatividade ou da vitalidade”.


Durante 30 horas, mestres, educadores, traballadores sociais, técnicos en actividade física e tempo de lecer ou terapeutas ocupacionais tomarán conciencia da relación entre exercicio e actividade mental. Aurora Martínez, profesora titular da Universidade de Vigo da área de Educación Física e especialista en actividade física e poboacións especiais é a docente deste curso xunto con Aurora Prada, diplomada en Psicoloxía e coautora xunto con Martínez do libro "Actividade física e estimulación cognitiva en persoas maiores: unha contribución ao ano europeo do envellecemento activo".

Te puede interesar
Más en Universitas