UNIVERSITAS

As fronteiras, cooperación e conflito en constante cambio

investi_result
photo_camera Investigadores que se citaron para debatir sobre a realidade das fronteiras.

Un congreso internacional reuniu en Pontevedra a expertos e expertas procedentes de cinco países

Moito máis que unha liña entre dous países, as fronteiras son focos de cooperación e de conflito sumidas nun proceso continuo de cambio, que acontecementos como as crises migratorias ou o éxodo dos refuxiados de Siria están a situar de novo na primeira liña de actualidade. Trátase pois dunha realidade a abordar desde múltiples ámbitos e perspectivas, como demostra a reunión de antropólogos, economistas, xeógrafos, historiadores, sociólogos e polítologos de España, Portugal, México, Italia e Estados Unidos que acolleu a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, grazas ao I Congreso Internacional de Fronteiras Comparadas.

Poñer en común as visións de expertos e expertas implicados en diferentes proxectos de investigación sobre os fenómenos fronteirizos “que son complementarios pero que, ata o de agora, non traballaban entre si” foi, segundo salientou o profesor Enrique Varela, un dos obxectivos centrais das xornadas, que promoveron “un salto cualitativo, da investigación sobre unha fronteira concreta á análise dunha realidade global”.
Dirixido polos profesores da Área de Ciencia Política e da Administración-Observatorio da Gobernanza G3 Celso Cancela e Enrique Varela, este congreso reuniu no campus pontevedrés a 25 investigadores e investigadoras para promover unha reflexión “sobre un tema, por desgraza, de candente actualidade”, como salientou o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho

Te puede interesar
Más en Universitas