UNIVERSITAS

Galicia, entre as autonomías con menor crecemento

pag7-2-_result
photo_camera Patricio Sánchez, Santiago Lago, Fernando González Laxe e J. Francisco Armesto.

Segundo o IV Informe de Conxuntura 2015 elaborado polo Foro Económico a nivel nacional

 Galicia está entre as cinco peores autonomías españolas en canto a crecemento económico, segundo os datos do Foro Económico de Galicia correspondentes ao terceiro trimestre de 2015 (xuño-setembro). Ata setembro, o PIB galego presenta un crecemento do 2,1% interanual, fronte ao 3,9% de España, e un 0,7% intertrimestral, fronte ao 0,8% estatal. Con estas cifras, os expertos subliñan que “debemos ser moi cautos” coa linguaxe da saída da crise, pois dende que comezou a recuperación económica en 2014, Galicia só recuperou 2,5 puntos dos 9 puntos de riqueza (PIB) perdidos durante a crise.


Os economistas Fernando González Laxe e José Francisco Armesto, Patricio Sánchez e Santiago Lago foron os encargados de presentar en Santiago de Compostela o IV Informe de Conxuntura 2015 do Foro Económico de Galicia. Nesta ocasión, xunto coa análise das contas económicas e a síntese estatística dos indicadores de conxuntura, o traballo compleméntase con comentarios sobre o impacto da crise nos hábitos de consumo alimentario e co diagnóstico e as estratexias de futuro do complexo lácteo en Galicia.


O dinamismo da economía galega trasládase ao mercado de traballo, onde os tres indicadores de emprego presentan unha mellora da ocupación por terceiro trimestre consecutivo, e o desemprego, tanto estimado como rexistrado, redúcese por sexto trimestre consecutivo . Outro aspecto positivo do comportamento do mercado laboral é o descenso do paro de longa duración.

Te puede interesar
Más en Universitas