UNIVERSITAS

Un GradDay para os estudos ingleses

_g1_result
photo_camera Pérez Guerra, García Pino e Lorenzo Modia, nun momento das xornadas.

Nas xornadas participaron un total de 60 docentes e estudantes do programa de doutoramento Idaes

 O obxectivo dos Graduate Day é que os estudantes teñen ao seu dispor un foro no que presentar as liñas de investigación e traballos que están a desenvolver ao abeiro dos programas de doutoramento. No caso do programa interuniversitario en Estudos ingleses avanzados: lingüística, literatura e cultura, Idaes, profesores e estudantes tiveron unha cita académica na Facultade de Filoloxía e Tradución co Idaes 2015 Graduate Day. De carácter interuniversitario, o doutoramento está participado polas universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela e 60 membros das tres institucións participaron na xornada, na que 20 alumnos, presentaron os seus plans de investigación.


O acto contou co financiamento da Escola Internacional de Doutoramento da Universidade de Vigo, polo que o seu director, Antonio García Pino, asistiu á inauguración, na que destacou a relevancia dos estudos de doutoramento tanto para a dimensión docente coma para a investigadora da carreira universitaria. Xunto con el, participaron no acto de apertura o profesor Javier Pérez Guerra, coordinador do programa en Vigo e María Jesús Lorenzo, coordinadora na Universidade da Coruña. A xornada incluíu a presentación das liñas de investigación dos grupos integrados no programa. Ademais, tiveron lugar dúas conferencias plenarias impartidas polos profesores Lachlan Mackenzie, catedrático da Vrije Universiteit Amsterdam, e Eibhear Walshe, catedrático do University College Cork.

Te puede interesar
Más en Universitas