EXPOSICIÓN

H2O, molécula especial para a ciencia e a sociedade

photo_camera Un momento da inauguración da exposición "A esfera da auga".

A Facultade de Ciencias acolleu a inauguración da exposición 'A esfera da auga'

O día 22 de marzo celébrase internacionalmente o Día Mundial da Auga. Co gallo desta conmemoración, o campus de Ourense, no marco do seu proxecto de especialización como Campus da Auga, deseñou coa colaboración do concello e a deputación provincial un programa de actividades que comezaron o martes coa inauguración na Facultade de Ciencias da exposición "A esfera da auga", producida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e Aqualogy. A través de 20 paneis, os materiais expostos poñen en evidencia a importancia esencial deste elemento nos diferentes eidos, desde a natureza á sociedad.

Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Monserrat Lama, deputada provincial; María Belén Iglesias, concelleira de Cultura, Educación e Participación Cidadá, e Eugenio López Periago, profesor na Facultade de Ciencias coordinador da exposición no campus, foron os encargados de presentar a mostra, que estará durante dúas semanas na entrada do Edificio Politécnico, ao carón do salón de actos Marie Curie. Recalcando o interese dos contidos da mostra inaugurada, Virxilio Rodríguez subliñou que a súa chegada ao campus enmárcase dentro do proxecto do Campus da Auga e do programa de actividades do Día Mundial da Auga, programa que terá como día central o 29 de marzo, cando se celebre unha xornadas de portas abertas que traerá ao campus de Ourense a preto de 400 estudantes preuniversitarios da provincia.n

Te puede interesar
Más en Universitas