Hai máis accidentes con animais salvaxes en estradas con visibilidade

grupod_result
photo_camera Valero, Álvarez e Picos, integrantes grupo de investigación AF4.

Unha investigación do grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal do Campus de Pontevedra, publicada na revista 'Wildlife Research', aporta sorprendentes conclusións

Unha estrada con baixa visibilidade, nunha zona na que sexan numerosas as poboacións de xabarís ou corzos, podería ser vista como o punto no que é máis probable ter accidente cun animal salvaxe. Mais un estudo realizado polo grupo de investigación AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, desmonta esta e outra serie de ideas respecto dos accidentes de tráfico causados por fauna salvaxe, causante en Galicia de preto de 3,5 colisións ao día. Tras estudar os accidentes provocados por ungulados (animais con pezuño ou casco) nas estradas rexionais galegas ao longo de cinco anos, o grupo AF4 conclúe que os accidentes con fauna salvaxe adoitan darse con maior frecuencia en estradas anchas e con boa visibilidade, nas que é posible circular a velocidades máis elevadas.

Segundo os datos da antiga Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dos que parte esta investigación, entre 2006 e 2010 tiveron lugar 9.386 accidentes con animais nas preto de 15.000 estradas que compoñen a rede viaria rexional, a escollida para este estudo por ser a máis numerosa e por non estar valadas. Destes 9.386 accidentes, 6.255 foron provocados por ungulados, maioritariamente xabaril e corzo, e foron estes os analizados polos profesores Enrique Valero, Juan Picos e Xana Álvarez nun estudo que deu pé a un artigo publicado na revista Wildlife Research, no que tamén dan conta dunha “metodoloxía moi específica”, empregada para asociar cada accidente a un quilómetro cadrado concreto.

Te puede interesar
Más en Universitas