UNIVERSITAS

HappyGoRunning, a carreira universitaria contra a droga

As tres universidades colaboran coa Fundación contra o Narcotráfico

 Recentemente, a Universidade de Vigo recibiu unha interesante proposta dende a dirección da Fundación Galega contra o Narcotráfico. Non era outra que organizar un evento deportivo para colaborar e dar a coñecer as actividades que está a realizar este colectivo. Dende a Universidade de Vigo e dende as de A Coruña e Santiago de Compostela non o dubidaron e xuntos están a organizar un evento que promete cumprir todos os obxectivos. 


Para unha proposta destas dimensións había que pensar nun evento importante, de gran poder de convocatoria e de éxito asegurado e que mellor que a HappyGoRunning para acadar un rotundo éxito. Así foi e este ano a carreira vai a ser a primeira galega universitaria contra a droga. 


Neste momento xa están a traballar en conxunto dende os servizos de deportes das tres universidades e perfilando todos os detalles desta proba na que contarán con clasificacións por campus, representantes de todos eles e onde procurarán os máximos fondos para a fundación.
Por outra banda e dende semanas antes á carreira, haberá casetas itinerantes nos campus das tres universidades galegas, informando sobre a labor da fundación e todas as actividades que realizan.n

Te puede interesar
Más en Universitas