IGUALDADE

A igualdade de xénero, unha cuestión de xustiza

gal1-1-_result
photo_camera Un momento das xornadas celebradas no Campus de Ourense

Expertos no eido xurídico afondan no campus na desigualdade e na violencia cara as mulleres

A igualdade de xénero é unha cuestión de xustiza en toda a dimensión da palabra, tanto porque é preciso recoñecer os dereitos da muller como porque xuridicamente a igualdade é un dereito recoñecido no artigo 14 da Constitución polo que as leis e normas teñen a obriga de velar. Para afondar na igualdade desde un punto de vista xurídico, o campus de Ourense acolleu as I Xornadas Camiñando cara a igualdade: problemas e solucións na esfera xurídica e psicosocial.

A cita, organizada desde a Área de Dereito Procesual e Dereito Constitucional da Universidade de Vigo, contou coa dirección académica de Iglesias Canle e coa coordinación de José Agustín González-Ares, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Vigo, e de María Victoria Álvarez, investigadora predoutoral. O tema que abordan as xornadas foi, apuntou a súa directora, un tema moi actual para o debate e a reflexión desde un punto de vista xurídico. “É moi importante que se note a aposta firme pola igualdade co obxectivo de crear unha sociedade máis xusta e igualitaria na que as persoas se realicen nos seus dereitos”, recalcou a docente.

Durante as xornadas expertos do eido xurídico e psicosocial afondaron en cuestións tanto de carácter histórico como actuais referidas á igualdade de xénero. A programación das xornadas comezou o martes cunha conferencia inaugural sobre o impacto da violencia de xénero na sociedade actual a cargo de Antonio Dorado Picón, secretario xeral da Administración de Xustiza, e de María Ángeles Carmona, vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial

Te puede interesar
Más en Universitas