UNIVERSITAS

Íñigo Cuiñas, único candidato para dirixir a EE de Telecomunicación

gal3_result
photo_camera Íñigo Cuiñas e Edita de Lorenzo nun acto de presentación das novas titulacións.

Edita de Lorenzo, primeira muller ao fronte dunha enxeñaría en Galicia, deixa o posto tras dúas lexislaturas. A votación terá lugar o 4 de marzo

O 26 de febreiro de 2009, xusto hai seis anos, Edita de Lorenzo foi elixida directora da que entón era a ETSE de Telecomunicación. “Ilusionada e con moitas gañas de traballar” collía o temón do centro e convertíase na primeira muller ao fronte dunha escola de enxeñaría en Galicia. E facíao xusto no momento crítico de implantación do EEES, que suporía un cambio moi importante para os centros de educación superior. Agora botando a vista atrás, o cambio foi substancial: de dúas titulacións técnicas e unha superior pasouse a un único grao, ao que se suma o mestrado habilitador que se oferta na escola e o interuniversitario de Matemática Industria.

No seu equipo dende o primeiro momento estivo o profesor Íñigo Cuiñas, como subdirector de Novas Titulacións. Agora, “como continuación natural do traballo desenvolvido nestes seis anos”, preséntase ás eleccións á Dirección da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e faino como único candidato para a votación que se celebrará o vindeiro 4 de marzo. O equipo que acompaña a Cuiñas nesta candidatura está composto por Enrique Costa, Francisco Javier Díaz, Manuel Fernández, Loreto Rodríguez e Miguel Ángel Dominguez, este último o único que, xunto con Cuiñas, repite respecto ao equipo anterior, no que era secretario da escola.

De acadar o apoio necesario para converterse en director, Íñigo Cuiñas aposta por continuar coa liñas marcadas ata o de agora polo centro pero tamén por sacar adiante novos proxectos que “por falta de tempo” non se puideron desenvolver.

Te puede interesar
Más en Universitas