UNIVERSITAS

Investir como un mono bolsista ou como un experto analista?

curso2_result
photo_camera O profesor Sáez Ocejo na presentación do seu último libro.

Volve o 'Curso de introdución á bolsa' convertido xa nun clásico no campus de Vigo

No ano 1973 o profesor Burton Gordon Malkiel publicou o libro "Un paseo aleatorio por Wall Street", no que afirmaba que calquera mono cos ollos vendados, lanzando dardos ás páxinas financeiras do xornal The Wall Street Journal escollería tan ben a súa carteira de valores como o farían os mellores analistas do mercado.

O feito é que este experimento levouse á práctica no propio xornal e pasado un tempo, para sorpresa de moitos, comprobouse que o mono acertara e superara ao 85% dos fondos elixidos polos expertos. Con esta metáfora Malkiel quería pór de manifesto a imposibilidade de predicir a evolución do mercado de valores. Este é un dos desafíos aos que terán que enfrontarse os participantes no Curso de introdución á bolsa, que botará a andar o vindeiro 27 de outubro da man do profesor José Luis Sáez Ocejo e da profesora Trinidad González-Portela Garrido.
Este obradoiro, que xa vai na súa XIII edición, é un clásico nos cursos de formación e goza cada ano dunha excelente acollida entre a comunidade universitaria.

O obxectivo fundamental deste curso é completar a formación neste campo que esixe unha permanente actualización de coñecementos e consolidación de capacidades. Entre os factores de éxito deste curso, o director da actividade salienta en primeiro lugar a elección do profesorado e por outro a situación de crise que propiciou “un aumento da demanda de cultura financeira".

Te puede interesar
Más en Universitas