EQUIPO AXEDREZ

O líder cae derrotado ante o Universidade de Vigo de xadrez

foto_equipo_result

Pese a estar invicto, o representante da División de Honra ocupa o 2º posto da clasificación

Invictus! Así segue o máximo representante de xadrez da Universidade de Vigo. O equipo, na súa quinta xornada, fai balance e suma tantas victorias como encontros disputados. Nesta ocasión visitaba a casa do "Círculo Ferrolano", o líder xeral, esto é o que máis "goles" marcara ata o momento, un equipo moi motivado que quería amosar que son xustos merecedores do primeiro posto. Deste xeito, a presión recaía sobre os universitarios, que soltaron tres certeros zarpazos cos que sentenciaron o encontro. Pese a todas estas victorias, o Universidade de Vigo segue segundo no campionato por detrás dos ferroláns, eso si, nesta ocasión reduciron distancia e están a soamente medio punto deles.
No tocante á Segunda División, o "UVigo-Xg" mantén o primeiro posto tras vencer no último encontro ao "Xadrez Albatros A" por 1.5 a 2.5. Os da Universidade de Vigo sumaron así a súa cuarta victoria e son líderes da categoría.


Por outra banda, os benxamíns universitarios caeron derrotados polo "CXF Casa da Xuventude" por un contundente 4-0. O equipo universitario é agora o 12º clasificado a dous puntos do 9º, último posto que permite salvar a categoría.
Por último, a "Escola Deportiva Universitaria" sumou un empate (2-2) contra o "Laroca Nigrán C" e colócase segundo na clafificación xeral.
A competición de liga detense durante estes días de Entroido e volverá a reanudarse o vindeiro sábado 21 de febreiro. Nesta ocasión o máximo representante, o "Universidade de Vigo", enfrontarase ao "Distribunosa Padrón" e buscará unha nova victoria.

Te puede interesar
Más en Universitas