UNIVERSITAS

Manual para traballar na casa con nenos autistas

gal01-1-_result
photo_camera O profesor Manuel Ojea cun exemplar do seu libro

Manuel Ojea é o autor do programa de aprendizaxe para as familias

Se hai 25 anos os expertos identificaban un caso de trastorno do espectro autista (TEA) por cada 2.500 nenos, na actualidade o nivel de incidencia é de un por cada 150, o que quere dicir que entre o 1 e o 3% da poboación padece autismo, síndrome de Asperger, trastorno desintegrativo infantil ou autismo atípico en calquera dos seus niveles de severidade. Un aumento que se produce pola “ampliación dos procesos de diagnose, da especificación da sintomatoloxía e do aumento da investigación científica” e que esixe unha maior concienciación e coñecemento de pais e profesionais. Para facilitar o día a día, o profesor da Universidade de Vigo Manuel Ojea acaba de publicar "Autismo: relatos de vida", un programa de aprendizaxe creado a partir dunha situación real que pode servir de manual para que nas súas casas as familias con rapaces e rapazas con TEA poidan “favorecer o desenvolvemento de competencias básicas en accións cotiás, mellorar as habilidades adquiridas e facilitar a xeralización dos procesos aprendidos a outros contextos”.


O libro, publicado pola editorial Aljibe, recolle a historia de vida de Nacho, un rapaz de 9 anos con trastorno do espectro autista asociado á cromosomopatía Potocki-Lupski Syndrome (PLTS), que implica unha duplicación do cromosoma 17p11.

Te puede interesar
Más en Universitas