ENTREVISTA

Os Martes ConVida seguen a promover estilos de vida saudable

Guillermo Santos é o coordinador dun proxecto que leva máis de catro anos en activo tanto en Ourense, como Vigo e Pontevedra, para estimular hábitos de vida saudable.

Integrados no proxecto Campus da Auga ConVida, os Martes ConVida naceron no Campus de Ourense hai catro anos e dende hai dous están estendidos en Vigo e Pontevedra. Guillermo Santos é o coordinador dos expositores Martes ConVida e nos fala desta afianzada actividade.

Que finalidade ten o proxecto Martes ConVida?
Busca promover conductas e estilos de vida saudables entre a comunidade universitaria.

Tras o éxito da actividade no Campus de Ourense, estendeuse ao de Vigo e Pontevedra, como foi recibida?
Foi moi ben recibida e os expositores visitáronse moito. Cumpríronse os obxectivos con creces. Mantemos a Facultade de Ciencias Sociais como centro operativo en Pontevedra e intentamos variar as facultades no Campus de Vigo, xa que son moitas. 

Que novidades tedes preparadas para esta tempada?
Seguiremos afianzándonos nas probas que tiñamos para ver a evolución dos membros da comunidade universitaria, incidindo no comedor emocional e amosando todas as actividades, instalacións e novidades que se poden atopar nas instalacións deportivo-sanitarias dos campus.

Que é o que máis demanda o alumnado?
Interésase principalmente polo grupo sanguíneo, como teñen a glucosa en sangue, os fumadores que índice de toxicidade presentan a nivel pulmonar, que porcentaxe de masa graxa teñen ou cal sería a correcta alimentación, entre moitas outras cousas.

Coa actividade xa afianzada, que proxectos tedes?
Queremos chegar a máis xente e que continúen vindo para ver a evolución e pretendemos traspasar o entorno da comunidade universitaria e chegar ao resto da sociedade. Animamos a todo o mundo a que visite o Servizo de Deportes, onde coordinamos os expositores para informarse, coñecer novas actividades, etcétera

Te puede interesar
Más en Universitas