UNIVERSITAS

Tres medallas en atletismo e un noveno posto en volei praia no CEU

Carmen Sánchez Parrondo acadou o ouro en xabalina feminina

Disputáronse estes días os Campionatos de España Universitarios de Volei Praia e de Atletismo onde houbo representación da Universidade de Vigo en ambas competicións. No tocante ao atletismo competiron un total de seis deportistas dos que tres deles obtiveron medallas, dúas pratas e un ouro.
Así, Carmen Sánchez Parrondo foi ouro en xabalina feminina, José Alfonso Palomanes Martínez, prata en triple salto e Carlos Revuelta Parra, prata en lanzamento de martelo.


No tocante aos resultados do CEU de Volei Praia, a expedición da Universidade de Vigo integrada por Pablo Penedo e Rubén Táboas acadou un noveno posto tras caer derrotada en segunda rolda ante a Universidade Católica de Valencia, medalla de prata final do torneo e na repesca de oitavos de final ante a Universidade Europea de Madrid.


A parella viguesa, na súa primeira participación nun CEU, pagou en parte a súa xuventude caendo contra un rival teóricamente asequible como a Europea de Madrid por un axustado 23-21. Este resultado produciase ademais xusto despois de superar na rolda anterior nun duro encontro á Universidade do País Vasco (5º clasificada final), o que deixa patente que cun pouco máis de regularidade a Uvigo podía ter loitado polas medallas deste campionato. Coa experiencia gañada, de seguro que de cara ao vindeiro ano os deportistas da Universidade de Vigo poderán acadar mellores resultados neste campionato.

Te puede interesar
Más en Universitas