UNIVERSITAS

O mellor grupo universitario de 2015 gravará unha maqueta

colleita_result
photo_camera Cartaz do concerto Ensaiamos- Colleita 2015.

A banda gañadora será elixida este mércores no II Festival Ensaiamos entre o público e un xurado

Dende 2006, a Vicerreitoría de Extensión Universitaria trata de darlle unha oportunidade aos grupos musical xurdidos da comunidade universitaria. Esta aposta comezou co programa Ensaiamos, que lles ofrece un local de ensaio e parte do equipo de son, e posteriormente incrementouse coa posta en marcha do Festival Ensaiamos, que neste ano celebra a súa segunda edición. O obxectivo é que as bandas poidan amosar a súa creatividade e calidade musical sobre as táboas do Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria como un primeiro chanzo na súa carreira artística.

Desta volta, entre o público e un xurado profesional elixirase á banda gañadora, que terá como premio a posibilidade de gravar unha maqueta no estudo da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra. O obxectivo final tanto do programa de ensaio como do festival é axudar na produción da música propia e impulsar a súa difusión para que estes grupo se poidan converter en axentes culturais propios nos seus lugares de orixe, grazas á formación alcanzada.

Cinco grupos colleita do 2015
O Festival Ensaiamos-Colleita 2015, no que participarán cinco grupo formados en parte ou na súa totalidade por membros da comunidade universitaria e pertencentes ao programa Ensaiamos, terá lugar este mércores 29 de abril ás 17.30 horas. Optarán ao premio Los Turbis, banda con claras influencias dos grandes nomes do rock; Kas Limón, grupo de pop-rock de estudantes de Enxeñaría Industrial; IGN (Insert Group Name), integrada por cinco membros de diversa procedencia, cunha cantante rusa, un batería ucraíno e tres estudantes de EE de Telecomunicación que fan versións de grupos de pop-rock como Red Hot Chilli Peppers ou Artic Monkeys e Thelema, moi identificados co rock clásico e o heavy metal dos 70-80 e Cool Cucumbers, integrado por estudantes de Enxeñaría, Ciencias da Educación, Administración e Dirección de Empresas e Dereito que fan rock.

Ademais do premio a un dos grupos, Ensaiamos-Colleita 2015 sorteará premios entre o público asistente. A vindeirasemana a programación do Ensaiamos completarase cun microconcerto no centro comercial de Cidade Universitaria o martes 5 de maio á hora de xantar, sobre as 13.30 horas, a cargo do grupo folk Los Mares de Dylan.
A entrada aos concertos é de balde ata completar aforamento.

Te puede interesar
Más en Universitas