HOMENAXE

O Memorial Filgueira Valverde viaxa á Pontevedra de Castelao

A xornada afondará na figura do galeguista e na súa pegada en Pontevedra.

O 15 de xaneiro de 1916, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao tomaba posesión da súa praza como funcionario do corpo auxiliar de Estatística en Pontevedra, cidade na que residirá durante 20 anos, “os de maior proxección da súa figura e a súa obra”, como salientou o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, na inauguración do XIV Memorial Filgueira Valverde.

Promovido polo museo xunto coa Vicerreitoría do campus, estas xornadas céntranse neste 2015 en afondar na pegada que o artista, escritor e político galeguista deixou na cidade, adiantándose á celebración do centenario da súa chegada á Pontevedra e á conmemoración por parte da Real Academia Galega das Belas Artes do Ano Castelao en 2016. Como lembrou o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Garrido no relatorio inaugural, Castelao é “unha figura inescusable” no camiño da arte galega cara a modernidade.

Catro fitos na historia de Castelao é o título deste ciclo de conferencias, aberto a toda a cidadanía, que inaugurou o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, xunto co director do Museo Provincial e o presidente da Fundación Filgueira Valverde, Fernando Filgueira.n

Te puede interesar
Más en Universitas