CURSO EN LIÑA

Un "mooc" dá soporte dixital ao "eterno burlador sevillano"

Un intre da conferencia de José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española na USC.
photo_camera Un intre da conferencia de José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española na USC.

A Facultade de Filoloxía e Tradución presenta o curso en liña "Juego Sin Tronos: literatura, corte y tenorios románticos".

É o primeiro "mooc", curso en liña dirixidos a un amplo número de participantes a través de internet, dunha universidade española e dos poucos que existen no mundo sobre clásicos da literatura española. Nel mestúrase a tradición literaria, en concreto o Don Juan Tenorio, de José Zorrilla, coas novas tecnoloxías para achegar contidos dun xeito masivo a calquera parte do mundo.

O "mooc" "Juego sin tronos: literatura, corte y tenorios románticos" presentouse na Facultade de Filoloxía e Tradución e non por casualidade, xa que dende o século XIX é tradición representar o Don Juan nas datas próximas ao Día de Todos os Santos e o Día de Defuntos. Detrás desta innovadora iniciativa dun curso masivo, aberto e en liña están os profesores do grupo de investigación e-LITE, Montserrat Ribao e Antonio Chas, que explican que se trata dun curso totalmente “virtual e autoxestionable” que pretende achegar aos receptores do século XXI “un dos legados literarios máis representativos do noso teatro” e de debuxar con pílulas polimedia, recursos electrónicos diversos e soporte dixital “ao eterno burlador sevillano”.

O curso iniciarase na primavera de 2016 e, polo de agora, a inscrición está aberta e con moi bos resultados, xa que como apunta Ribao “vemos, con non pouco asombro, que chegaron matrículas dende Arxentina, Chile, Canadá, México, Francia e Reino Unido”. 

Para a presentación os organizadores deseñaron unha completa xornada con relatorios, unha representación teatral do Don Juan e visitas de estudantes de secundaria á Facultade de Filoloxía e Tradución.

Te puede interesar
Más en Universitas