UNIVERSITAS

Novidosa ruta cultural con baño incluído pola zona do Morrazo

ruta4_result
photo_camera Dous momentos da Ruta da Raíña Santa celebrada este curso.

A undécima proposta deportiva e cultural deste curso será o vindeiro sábado 18 de abril

O sábado 18 de abril, o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo organiza unha nova ruta cultural. Será a undécima deste curso e xusto a anterior á ruta extraordinaria de tres días que se celebrará este ano realizando o Camiño do Sueste-Vía da Prata. Nesta ocasión os participantes realizarán un novidoso percorrido por A Fraga- Moaña- Cangas, na denominada Ruta do Morrazo.

Serán un total de 25 quilómetros con dificultade media que percorrerá Allariz (Marín), Pastoriza, A Fraga, Moaña e Cangas. Será un marabilloso itinerario, ao igual que o foron os dez últimos, nos que os participantes ademais de realizar unha actividade física do máis saudable, poderán gozar de magníficas paisaxes. Ademáis, nesta ocasión recoméndase aos participantes que leven traxe de baño, toalla, sandalias e todo o preciso para o baño, xa que se o tempo o permite aproveitarán algún descanso da ruta para refrescarse na praia.
Como en anteriores ocasións, as inscricións poderán facerse ata o luns anterior a cada saída, no caso dos membros da comunidade universitaria, e os martes e mércores anteriores á ruta o público en xeral. As inscricións deberán facerse a través da web: www.deporxest.uvigo.es.

O prezo dunha ruta é de 10 euros para os membros da comunidade universitaria e de 15 para as persoas externas. Ao igual que nas pasadas ocasións, realizaranse sorteos de dúas inscricións gratuítas e de dúas guías do Camiño de Santiago (Vía da Prata). Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria no blogue: http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Roteiros Culturais da Universidade de Vigo.n

Te puede interesar
Más en Universitas