UNIVERSITAS

Ocejo presenta "Antología de un disparate contable"

O profesor de Empresariais José Luis Sáez Ocejo acaba de publicar o libro "Antología de un disparate contable", no que presenta exemplos de disparates en exames de Contabilidade.

Aprender contabilidade con humor non é unha quimera. Diso está convencido o profesor da Escola Universitaria de Estudos Empresariais José Luis Sáez Ocejo e converteuno en realidade no libro Antología de un disparate contable, unha publicación que presentou en sociedade hai uns días nun ateigado salón de actos da EUEE. Nesta antoloxía recolle tanto “disparates contestados en preguntas de exames” como as solucións correctas ás mesmas. En total arredor de 300 preguntas relacionadas co Plan Xeral de Contabilidade e de Pemes así como un solucionario de respostas “que permiten un coñecemento profundo da Contabilidade Financeira”, explica.

Así nace un libro, publicado pola editorial Andavira, que lonxe de buscar o humor polo humor, e de ferir os sentimentos de ninguén, só procura desdramatizar o feito dunha mala, errónea ou equivocada contestación a unha pregunta de exame, para que os meus alumnos e alumnas non volvan meter a pata e non se volvan equivocar e, deste xeito, redunde no futuro positivamente polo menos, unha parte do coñecemento”.

Te puede interesar
Más en Universitas