UNIVERSITAS

Oferta educativa adaptada ás necesidades laborais

gal01-1-_opt
photo_camera Luis Manuel Rodriguez-Otero, autor da tese centrad na mancomunidade de Verín

Luis Manuel Rodríguez-Otero analizou na súa tese a situación da mancomunidade de Verín

A través da educación reprodúcense as necesidades socioeconómicas do alumnado dunha comarca, é dicir, que “o futuro académico dos rapaces non depende soamente das súas aptitudes pedagóxicas, senón tamén de factores como a familia, a economía, o emprego ou a política”. Esa é unha das principais conclusións recollidas por Luis Manuel Rodríguez-Otero na súa tese de doutoramento, na que analizou a forma en que a contorna familiar, social e xeográfica, o perfil socioeconómico, educativo e laboral ou a existencia de recursos ou servizos son determinantes para marcar as expectativas educativas e laborais do alumnado da mancomunidade de Verín. Unha investigación única nesta bisbarra que por primeira vez inclúe a todos os actores implicados (estudantado, familias e axentes sociais) e que destaca “a importancia da educación para unha sociedade e o seu protagonismo no desenvolvemento social e económico dunha comarca”.


A través de enquisas con preguntas abertas e pechadas aos estudantes de 4º da ESO e as súas familias e de entrevistas individuais a axentes sociais da comarca de Verín, este traballador social comparou as visións de todos estes actores sobre a importancia da educación e comprobou que “os axentes sociais valoran de forma distinta a medida en que consideran a educación como un instrumento de desenvolvemento social e económico para a comarca” e que as expectativas educativas e laborais do alumnado están moi vinculadas ao nivel académico das súas propias familias, ao seu nivel socioeconómico ou mesmo á situación laboral que se vive nas súas casas.

Te puede interesar
Más en Universitas