UNIVERSITAS

O paciente, o protagonista da atención sanitaria

photo_camera María Victoria Carral, Eloína Núñez, Gregorio Iglesias e Rosendo Fernández.

300 profesionais da enfermaría danse cita no campus co gallo da celebración do día internacional desta disciplina

O día 12 de maio é o Día Internacional da Enfermaría e desde hai dez anos é tamén o día no que os profesionais da provincia de Ourense están chamados a xuntarse para intercambiar información e experiencias no campus universitario. Este martes arredor de 300 destes profesionais déronse cita nas X Xornadas de Enfermaría de Ourense, que nesta ocasión se celebran baixo o lema "O paciente: o noso referente ao longo do tempo". Con esta elección, o colectivo quixo reivindicar o papel central do paciente no sistema sanitario, un paciente que, recalcaron, desde que nace ata que morre require de atención médica, que está cada vez máis informado e que, nunha sociedade envellecida, necesita para as súas doenzas coidados tanto ou máis que curación.


As X Xornadas de Enfermaría de Ourense, que se celebrararon onte e o martes no Edificio Politécnico do campus de Ourense, foron inauguradas por Eloína Núñez, responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; María Victoria Carral, directora de Procesos de Enfermaría; Gregorio Iglesias, subdirector de Calidade, Formación, Docencia e Atención ao Paciente, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.


Durante o acto de apertura deuse un aplauso de recoñecemento e apoio ao persoal sanitario e non sanitario que viviu o acontecido co asasinato de Isabel Fuentes no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Te puede interesar
Más en Universitas