CONCURSO

Que pode facer pola natureza o alumnado de bacharelato?

Valera, Corbacho e Gómez-Juncal, na presentación do concurso.
photo_camera Valera, Corbacho e Gómez-Juncal, na presentación do concurso.

A escola de Enxeñaría Forestal promove un concurso intercentros no marco do proxecto Green Campus.

nnn Promover entre o alumnado de bacharelato de Galicia o estudo da súa contorna natural máis próxima e achegalos aos múltiples ámbitos de traballo dos enxeñeiros forestais son os dous propósitos centrais do I Concurso Anual Intercentros de Enxeñaría Forestal, que a EE Forestal promove no marco do proxecto Green Campus e que se presentou na Casa das Campás, coincidindo co inicio da Semana Europea dos Bosques.

Dotado dun premio de 1.000 euros, a este certame poderán concorrer grupos de entre 3 e 5 estudantes coas súas propostas de intervención e mellora dos espazos naturais que lles rodean “e aos que moitas veces viven alleos”, como sinalou o director da escola, Enrique Valero.

“Pareceunos interesante que estudantes de primeiro e segundo de bacharelato se internasen no que é o seu medio natural, para que fosen conscientes de que poden intervir nel, de que poden melloralo”, engadía Rocío Gómez-Juncal, responsable de dinamización desta iniciativa, que nesta xornada acompañou a Valero e a o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, na presentación dun concurso inserido no plan de promoción do centro.

Trátase ademais, como lembrou o vicerreitor, da primeira iniciativa impulsada no marco do proxecto Green Campus despois da concesión ao campus pontevedrés por parte da ADEAC da bandeira verde que distingue o seu labor en materia de educación e concienciación ambiental, “o que fai que teña incluso máis valor para nós”.

Te puede interesar
Más en Universitas