UNIVERSITAS

A política ambiental, compromiso firme do Servizo de Deportes

2014032410253933227_result
photo_camera Imaxe do campus de Vigo.

O espazo da Universidade vén de renovar a ISO 14001.

Foi en 2013, concretamente no mes de setembro, cando o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo recibiu o certificado de Aenor, Asociación Española de Normalización e Certificación, de que este espazo da entidade educativa dispón dun sistema de xestión ambiental conforme coa norma UNE-EN ISO 14001. Esta certificado céntrase nas actividades de xestión do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo que se realizan no Servizo de Deportes do Campus das Lagoas- Marcosende (Vigo), no Servizo de Deportes do Campus de Pontevedra e no Servizo de Deportes do Campus de Ourense.

A política ambiental dos servizos da Universidade de Vigo e neste caso de xeito concreto no de Deportes, incluído no alcance do Sistema de Xestión Ambiental (SXA), concrétase en facer posible o compromiso asumido na súa misión como servizo da Universidade de Vigo, dinamizando as súas tarefas e actividades entre a comunidade universitaria e o público xeral, dentro dun marco sustentable. Así o Servizo de Deportes comprométese a coidar, atender e mellorar continuamente o efecto que as actividades do servizo exercen sobre o medio ambiente. Para cumprir este compromiso, o Servizo de Deportes incluído dentro do SXA establecerá e revisará anualmente os obxectivos específicos de actuación e aplicará os principios e prácticas ambientais de acordo co establecido dento da norma UNE EN ISO 14001 de SXA. Esta renovación de política ambiental do Servizo de Deportes é a que vén de levarse a cabo hai uns días co fin de seguir cun compromiso firme de dinamización nun marco sustentable.

Te puede interesar
Más en Universitas