UNIVERSITAS

Premio ás creacións docentes con perspectiva de xénero

Un informe do Centro Reina Sofía revelou que un 30% de mozos, entre 12 e 24 anos, xustifica a violencia machista e amosou como na nosa sociedade aínda se manteñen moitos estereotipos sexistas.

Un informe do Centro Reina Sofía revelou que un 30% de mozos, entre 12 e 24 anos, xustifica a violencia machista e amosou como na nosa sociedade aínda se manteñen moitos estereotipos sexistas. A mellor forma de combater estas cifras e datos é educar e formar a xuventude en valores igualitarios. Este é precisamente o obxectivo que se persegue na convocatoria da terceira edición do premio Antonia Ferrín Moreiras: incentivar a elaboración de materiais e recursos con perspectiva de xénero que contribúan á excelencia docente universitaria, xa que tal é como se indica no texto da convocatoria, “só se pode acadar cunha ensinanza onde a transmisión de valores igualitarios para formar ao alumnado e capacítalo profesionalmente se aplique de xeito transversal”.

Anabel G. Penín, directora da Unidade de Igualdade, explica que, grazas a edicións anteriores deste premio “crearonse recursos que se puxeron ao alcance de toda a comunidade educativa e contribuiron a sensibilizar e a espallar a cultura da igualdade”. A dotación económica será de 3.000 euros para o gañador e 1.500 para o accésit e o prazo para presentar traballos manterase aberto ata comezos do mes de maio.

Te puede interesar
Más en Universitas