UNIVERSITAS

Premio á mellor idea xurdida dunha escola de Enxeñaría

ferr1_result
photo_camera Patricio Fernández y Salustiano Mato.

Con 50 anos de historia ás súas costas, a compañía radicada en Gondomar Industrias Ferri S.A. vén de asinar un contrato con Iberdrola para a construción das grúas do novo parque eólico

Con 50 anos de historia ás súas costas, a compañía radicada en Gondomar Industrias Ferri S.A. vén de asinar un contrato con Iberdrola para a construción das grúas do novo parque eólico da compañía enerxética no Mar do Norte. EEUU, Rusia, Corea, México o Australia figuran na carteira de clientes desta compañía especializada en solucións de enxeñaría no sector naval, en particular en equipos de cuberta de buques, que basea na innovación o seu modelo de negocio. Xa hai anos que a Universidade de Vigo se converteu nun caladoiro onde a compañía foi fichando algúns dos seus empregados e responsables, “dos que temos un grato recordo e unha boa experiencia laboral”, afirmou o presidente de Industrias Ferri, Patricio Fernández, que lembrou a prolongada relación que a compañía mantén coa institución académica e que agora se verá reforzada coa convocatoria dun premio ao que poderá concorrer o alumnado das escolas de Enxeñaría Industrial, Telecomunicación e Minas.
“Esta convocatoria permitirá visualizar o talento do noso alumnado”, dixo o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Te puede interesar
Más en Universitas