UNIVERSITAS

O presente e o futuro da psicoloxía deportiva, a debate

O IV Congreso Galego Portugués de Psicoloxía do Deporte celebrarase os días 5 e 6 de marzo

 Moi forte en termos de investigación, forte en materia de formación, e, por desgraza, aínda débil en canto a súa aplicación”. Este é o nivel de desenvolvemento co que conta na actualidade a psicoloxía do deporte, a xuízo de Joaquín Dosil, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e presidente da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía Deportiva (SIPD), impulsora do congreso internacional que os días 5 e 6 de marzo proporá no campus unha “reflexión sobre en que lugar se atopa esta disciplina e onde queremos que estea no futuro”. Organizado polo SIPD xunto á Universidade de Vigo e á Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo do Centro Libredón, de Santiago, o IV Congreso Iberoamericano da Psicoloxía do Deporte agarda poder reunir na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e na Escola de Enxeñaría Forestal a máis de 250 de expertos, profesionais e estudantes, e converterse así no “principal punto de encontro en España e Portugal” para a análise desta área da psicoloxía.

Máis dunha vintena de expertos, encargaranse de presentar as investigacións máis recentes no ámbito da psicoloxía deportiva e de debater sobre o panorama actual desta disciplina nun congreso que constitúe tamén o I Encontro da SPID-Ibérica, e no que tamén se “realizará un achegamento á situación da psicoloxía do deporte en América” de mans do investigador da Universidade Católica de Colombia Luis Humberto Serrano e do consultor mexicano Tomás Trujillo.n

Te puede interesar
Más en Universitas