UNIVERSITAS

Probas de acceso a Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Este venres 15 de maio remata o prazo de presentación de solicitudes e o 17 de xuño desenvolveranse os exercicios

As particularidades do grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte motivan que o alumnado que desexe cursar esta titulación deba previamente superar unhas probas de acceso coas “demostrar unhas competencias básicas de habilidades motrices e condición física que permitan a correcta adquisición das competencias nas que se lles pretende formar”, como salienta o vicedecano de Calidade da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Jorge Viaño. Unhas probas nas que será posible inscribirse ata este venres 15 de maio e que se desenvolverán neste centro do campus pontevedrés o 17 de xuño.


Segundo apunta Viaño, estas probas de acceso reúnen cada ano no campus a preto de 250 persoas, das que preto do 85% adoitan superar os requisitos esixidos na convocatoria, polo que será o expediente académico o que determine quen comezará a cursar no 2015/2016 unha titulación que adoita cubrir cada ano a totalidade das súas prazas. Como apunta este docente, nesta convocatoria o importante “non é ser o mellor en cada proba, senón chegar ao nivel mínimo detallado no regulamento” para así garantir que os aspirantes contan “cun nivel mínimo de habilidade e resistencia que lles permitirán aproveitar as prácticas das materias”. O coordinador desta convocatoria deixa claro que, polo xeral, aqueles que non logran superar estas probas non o fan pola súa elevada esixencia, senón “por unha falta de coñecemento evidente do regulamento ou por unha preparación moi deficiente”.

Te puede interesar
Más en Universitas