NOVAS NA UNIVERSIDADE DE VIGO

O programa "Ensaiamos" cumpre dez alo

20161005115014109_result
photo_camera Cool Cucumbers gañaron as dúas últimas edicións de Ensaiamos Colleita.

O requisito mínimo é que polo menos dous dos integrantes do grupo sexan membros da comunidade universitaria.

A falta dun local de ensaio non é un problema no campus de Vigo para que grupos musicais e solistas poidan desenvolver a súa actividade. Desde hai dez anos a Universidade, a través da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais ofrece, a través do programa Ensaiamos, local e equipamento gratuítos para que as e os afeccionados á musica non teñan que saír do campus na procura dun lugar e do material necesario para realizar os seus ensaios. Ata hoxe estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para este curso 2016/2017, no que o Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria volverá a ser o espazo no que as e os músicos poderán ensaiar e para o que terán a súa disposición unha batería de cinco corpos; dous amplificadores combo de guitarra de 100w; un amplificador de baixo de 150w; mesa de mesturas con de dez canais mono, dous auxiliares e entradas e saídas RCA; dous altofalantes autoamplificados de 300w; catro micrófonos cos seus soportes e cableado básico.

O requisito mínimo é que polo menos dous dos integrantes do grupo sexan membros da comunidade universitaria. Pola súa banda as e os solistas deberán pertencer á comunidade universitaria e poderán anotarse para formar entre as e os solicitantes un novo grupo ou integrarse nun grupo que precise completarse.

Te puede interesar
Más en Universitas