Un proxecto do Centro de Excelencia Jean Monnet ,“exemplo de éxito”

photo_camera Foto de familia dos responsables do proxecto con Luis Domínguez, cuarto pola esquerda.

We Are European Citizens, acaba de ser seleccionado pola Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea como ‘sucess story’

No 2006 a Universidade de Vigo uniuse ao selecto grupo de institucións de educación superior que contan cun Centro Europeo de Excelencia Jean Monnet como recoñecemento o seu labor en pro da ensinanza multidisciplinar e a integración europea. Dende entón, o centro converteuse nun potente instrumento co que traballar a prol da cooperación transfronteiriza en Europa, conseguiu financiamento para tres proxectos de docencia e investigación –Accións Jean Monnet- e un deles, We Are European Citizens, acaba de ser seleccionado pola Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea como ‘sucess story’ , o que na práctica supón que, dende xa, este proxecto vai ser empregado e difundido por toda a Unión Europea como exemplo de boas prácticas.

“Este recoñecemento supón un avance importante no prestixio do centro e unha responsabilidade de cara o futuro”, subliña o seu director, o profesor Luis Domínguez, que explica que os resultados acadados por este proxecto permitiron desenvolver dous cómics, dous fotocomics e dous videoxogos en galego, español e inglés cos que dar a coñecer a UE e as súas institucións entre o profesorado e o alumnado de centros educativos de primaria e secundaria. “Son produtos que aproximan os estudantes a fitos destacados da cidadanía europea a partir de viaxes polas cidades máis simbólicas do proceso de integración”, apunta Domínguez, ao que engade que estes produtos están a disposición da comunidade educativa a través do portal web da Xunta EspazoAbalar, xa que contou co aval da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Te puede interesar
Más en Universitas