UNIVERSITAS

Os proxectos europeos, prioridade para investigadores sénior

g1-1-_result
photo_camera Asistentes ó seminario científico.

O décimo seminario científico de Biocaps acolleu a presentación dos últimos avances.

O Instituto de Investigación Biomédica (IBI) logrou converter Biocaps nun foco importante de colaboracións internacionais, en gran parte grazas ao traballo realizado polos sete investigadores sénior contratados con cargo ao financiamento europeo que sustenta o Programa de Apoio ás Capacidades Biomédicas. A menos dun ano para a finalización de Biocaps, constátase o cumprimento dun dos principais obxectivos do programa, tal e como se puxo de manifesto no seu décimo seminario científico, no que os investigadores sénior desagregaron os seus avances e as súas prioridades para os próximos meses, entre as que a preparación de proxectos europeos para o programa Horizonte 2020 é un punto común.

Durante a apertura do seminario, a coordinadora de Biocaps, África González, animou aos investigadores a acudir ás convocatorias europeas de proxectos para captar financiamento. Pola súa banda, o director científico do IBI, José Ramón Fernández Lorenzo, mostrou a súa confianza en poder conseguir a acreditación do Instituto Carlos III para o instituto no prazo de entre dous e tres anos.

O investigador participa tamén no proxecto recentemente concedido pola UE ao seu grupo para desenvolver unha vacina por vía mucosa para a tuberculose. Neste sentido, Stark apuntou que están a traballar nunha nova proposta para o Horizonte 2020 no marco das súas redes de colaboración a nivel internacional.

Te puede interesar
Más en Universitas