Redas, especializada en auga e medio ambiente

gal17_result
photo_camera Rodríguez, Mato, Marín e Bustillo durante a sinatura do convenio para financiamento da revista.

É a primeira publicación xurídica estatal especializada neste ámbito

AUniversidade de Vigo vén de asinar un convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a subvención por parte desta última entidade de Redas. Revista de Derecho, Agua y Sostenibilidad, nacida no marco do proxecto de especialización do Campus da Auga. Trátase da primeira publicación xurídica española especializada en auga e medio ambiente e unha mostra de como “vamos dando chanzos que van visibilizando” o traballo que se está facendo arredor do Campus da Auga para ser un referente no seu eido, tal e como recalcou Salustiano Mato, reitor da UVigo.

O acto contou coa participación, ademais do reitor, de Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Roberto Bustillo, director da publicación. Alén da sinatura concreta deste convenio, apuntou Mato, “a Confederación é un auténtico aliado estratéxico do campus de Ourense e do Campus da Auga”, que “nos anima a seguir nese ambicioso camiño de especialización”. Dentro desta especialización, subliñou o reitor, “o dereito ten unha relevancia moi importante” xa que a auga é cada día máis “un recurso regulado e escaso” sometido a un marco normativo local, estatal e internacional de carácter complexo e complicado. Por este motivo, afirmou, “a auga é un campo fundamental para os expertos xurídicos” e o dereito “un eixe temático fundamental do Campus da Auga”, polo que salientou a maridaxe entre profesionais e temáticas que ofrece Redas.

Te puede interesar
Más en Universitas