UNIVERSITAS

Reivindicando garantías na interpretación de persoas maltratadas

SONY DSC
photo_camera A presentación celebrouse na sede das Institucións Europeas en Madrid.

600 profesionais da xudicatura, policía, medicina e tradución participaron durante dous anos na iniciativa

Presións por parte de intérpretes non profesionais. Procesos asistenciais sen interpretación e mesmo imposibilidade de comunicación cos seus avogados antes de chegar a xuízo. Esta son algunhas das situacións que vítimas de violencia de xénero de Marrocos, Brasil, Guinea, Rusia, Nixeria, Romanía ou Etiopía sofren en España. Así o constou o proxecto europeo co financiado polo Programa Xustiza Penal e nove universidades española, entre elas a de Vigo, Speak Out for Support, SOS-VICS, que presentou balance en Madrid de dous anos de traballo, no que participaron máis de 600 profesionais dos ámbitos da xudicatura, a policía, a avogacía, o traballo social, a medicina, a psicoloxía e a tradución e interpretación.

SOS-VICS comezou a súa andaina en 2012 e chegado ao seu fin fixo públicas as súas conclusións nun acto celebrado na sede das institucións europeas en Madrid.

Garantir por lei que as vítimas de violencia de xénero estranxeiras conten con intérpretes en todas as fases do proceso asistencial, non só nos ámbitos xudicial e policial, e profesionalización e especialización dos e das intérpretes que interveñen neses procesos, foron as demandas que formularon as responsables do proxecto, que tamén presentaron os materias desenvolvidos destinados á formación especializada dos intérpretes, así como para profesionais que traballan con intérpretes e para vítimas estranxeiras.

Te puede interesar
Más en Universitas