ENTREVISTA

Ser bolseiro de internacionalización é unha “experiencia única"

Magdalena Nowak e Helena Hanni realizan as súas prácticas no Servizo de Deportes

Dende a primavera de 2013 o Servizo de Deportes, a través da oficina de Relacións Internacionais da Universidade, solicita alumnado que dentro dos seus plans de estudo correspondentes ao programa Erasmus, queiran realizar prácticas con eles. Esta convocatoria está a ter moi boa acollida entre estudantes de todos os puntos de Europa, que adican tres ou catro meses a este aprendizaxe. Magdalena Nowak, estudante dun máster de Filoloxía Inglesa e chegada dende Polonia; e Helena Hanni, estudante dun máster de Negocios Internacionais e procedente de Filandia, son as dúas bolseiras de internacionalización que actualmente están a vivir esta experiencia. 

Que vos levou a solicitar a bolsa de internacionalización?
Helena: sempre me gustaron os deportes e os practico moito, así que pareceume interesante. Ademais, gústame a idea de traballar en España e quero saber máis cousas da súa cultura e lingua. 
Magdalena: o deporte, os viaxes e o español son as miñas afeccións            e por eso buscaba unha bolsa fóra do meu país e unir todo esto. A idea de traballar nun servizo de deportes atraíame moito. Ademais, estudiei na Universidade de Vigo o semestre anterior e xa coñecía un pouco Galicia e a xente de aquí. 

Cales son as vosas tarefas diarias?
Helena: Facemos informacións para o noso grupo de Facebook "Train&Talk", un seguemento da web do Servizo de Deportes e axudamos en temas relacionados con ENAS, no que se refire á traducción de documentos e comunicación con outros integrantes.
Magdalena: Ademais, adicámonos a promocionar eventos deportivos como a Happy Go Running e animamos á practica deportiva a todo o mundo. Tamén axudamos coa organización da recente Gala do Deporte.

Como valorades esta experiencia ata o de agora?
Helena: Considero que vivir fóra do teu país sempre é unha experiencia moi positiva e educativa polo que estou encantada. 
Magdalena: Esta bolsa estame a axudar cos idiomas e esto será moi útil no meu fututo laboral. Ademais, estou traballando en valores como a responsabilidade, a creatividade, a confianza en min mesma ou en habilidades de organización que sempre é positivo. 

Cales son os vosos proxectos ao finalizar a bolsa?
Helena: O primeiro é escribir un informe para a miña universidade sobre esta experiencia e todo o aprendido en relación aos meus estudos. Tamén teño que elaborar informe sobre a cultura española. E tal vez, organicemos un evento deportivo Magdalena e máis eu.
Magdalena: Ademais do informe estamos pensando na organización dunha carreira especialmente dirixida aos estudantes e á xente de Erasmus conectada á 'Happy Go Running'.

Te puede interesar
Más en Universitas